A nosa maior prioridade é satisfacer ao cliente
mediante a entrega temperá e continua de software
con valor.
Aceptamos que os requirimentos cambien, incluso en etapas
tardías do desenvolvemento. Os procesos Áxiles aproveitan
o cambio para proporcionar vantaxe competitiva ao
cliente.
Entregamos software funcional frecuentemente, entre dúas
semanas e dous meses, con preferencia ao período de
tempo máis corto posible.
Os responsables de negocio e os desenvolvedores
traballamos xuntos de forma cotiá durante todo
o proxecto.
Os proxectos desenvólvense en torno a individuos
motivados. Hai que darlles o entorno e o apoio que
necesitan, e confiarlles a execución do traballo.
O método máis eficiente e efectivo de comunicar
información ao equipo de desenvolvemento e entre os seus
membros é a conversación cara a cara.
O software funcionando é a medida principal de
progreso.
Os procesos Áxiles promoven o desenvolvemento
sostible. Los promotores, desenvolvedores e usuarios
debemos ser capaces de manter un ritmo constante
de forma indefinida.
A atención continua á excelencia técnica e ao
bo deseño mellora a Axilidade.
A simplicidade, a arte de maximizar a cantidade de
traballo non realizado, é esencial.
As mellores arquitecturas, requirimentos e deseños
emerxen de equipos auto-organizados.
A intervalos regulares o equipo reflexiona sobre
como ser máis efectivo para a continuación axustar e
perfeccionar o seu comportamento en consecuencia.